Sabedes ese dito que di: "Quem não foi a Lisboa não viu coisa boa"? Con motivo da primeira parada da nosa viaxe en cruceiro en territorio luso, na materia de Lingua Galega aproveitamos para coñecer un pouco máis sobre o país veciño e, logo de procurar información na rede, preparamos unhas exposicións orais sobre diferentes temáticas: gastronomía, lingua, historia, artistas, literatura... Xa podemos dicir que somos "alfacinhas"!